Tuesday 14 de May de 2024

Cars 2 nas Tardes de cine de Ordes


Esta fin de semana os nenos e nenas de Ordes desfrutaron dunha nova Tarde de cine. Nesta ocasión foron as aventuras protagonizadas por Rayo McQueen e o seu amigo Mate en Cars 2 as que lles fixeron pasar unha tarde do máis divertida na casa da cultura. Con esta iniciativa o Departamento de Cultura, contando coa colaboración da Deputación da Coruña, quere ofrecer a posibilidade de desfrutar en familia do tempo de ocio, á vez que se esperta nos máis novos e novas o interese polo cine.